Betanzos

España

15300

Os nosos servizos

A nosa empresa ten unha dilatada experiencia en proporcionar unha ampla gama de servizos e solucións innovadoras a clientes de todos os sectores e con diferentes presupostos.


Reformas globais (albanelaría, fontanaría, electricidade, carpintaría de madeira, carpintaría metálica, pintura, calefacción, climatización, enerxías renovables, telecomunicacións, azulexados, solados, decoración e acabados), sempre coa utilización de materiais de orixen natural, con baixo procesamento industrial e reciclados.

Asesorámoslle nas mellores opcións á hora de levar a cabo a reforma do seu espazo.


Rehabilitacións globais mellora das condicións de habitabilidade de vivendas e espazos, volvendo a dar vida ao que tivo vida, onde prima o respecto ao traballo dos nosos antergos e coa aplicación de materiais que respeten o medio e a saúde, ademais de actuacións puntuais como o acondicionamento de muros, tellados, carpintarías, instalacións, ...


Obra nova con materiais e sistemas de baixo impacto para as persoas e o medio (con criterios de vivenda pasiva, chave en man).


Obras de mellora de eficiencia enerxética

Sistema SITI (Sistema de Illamento Térmico Interior)

Sistema SITE (Sistema de Illamento Térmico Exterior)


Naves industriais, espazos deportivos, oficinas, locais comerciais e de restauración, ...


Paisaxismo (con criterios permaculturais damos valor o entorno do teu fogar)



Tanto se queres que un dos nosos comerciais pase a visitarte coma se prefires vir a vernos ás nosas oficinas, o noso equipo estará encantado de recibirte.