Betanzos

España

15300

O barro atópase en xacementos xurdidos da sedimentación de partículas principalmente do granito, e dende fai miles de anos empregase na construción de espazos (Alhambra de Granada en España, Castelo de Gien en Francia) e cidades (Chan Chan no Perú, Saná en Yemen ou Djenné en Malí -coñecida como a xoia de barro-), entre outras.

É un material ancestral, dos materiais máis comúns na Natureza que podemos atopar perfectamente en todo o planeta, sendo o vermello a cor máis común.

Na actualidade estase a recuperar o seu uso polas súas propiedades e beneficios para a nosa saúde, empregando antigas técnicas utilizadas por sacerdotes e médicos para curar feridas, hoxe empregase en tratamentos de beleza ou cosmética e está tomando un papel moi importante na arquitectura ecolóxica e na construción natural ou bioconstrución, grazas a eses beneficios e confort que nos proporciona.


Cos produtos de barro ademais de conseguir un importante aforro enerxético e un indudable confort, coidamos de tí, coidamos da túa saúde, algunhos dos últimos traballos realizados .


Deixa que as túas paredes respiren, que sexan a túa terceira pel.