Betanzos

España

15300

Os nosos morteiros son un material 100 % natural, idóneos para lograr ambientes saudables e con un gran potencial decorativo, composto dunha mestura de barros naturais sen aditivos e áridos seleccionados de diferentes granulometrías.


MORTEIRO BASE + FIBRA

Revestimento continuo con fibras engadidas que proporcionan o agarre á parede, especialmente indicado para acabados rugosos, paredes radiantes e para dar o espesor necesario para que o barro cumpra a súa función.


Recomendable ata un espesor de 30 mm

MORTEIRO BASE

Idóneo para refinar e dar planeidade á capa de BASE + FIBRA, cubrir fendas e deixar a superficie lista para aplicar o morteiro de ACABADO, a pintura de barro ou ben deixalo como acabado.


Recomendable ata un espesor de 3 mm

MORTEIRO ACABADO

Morteiro de barro fino para aplicar sobre o morteiro BASE, alisado de gotelé e sobre cartón-yeso.

Obtido a partir dunha selección de máis de 50 variedades de barro, está composto por 14 tonalidades de grises, ocres e vermellos.

Estas tonalidades están inspiradas nunha ampla gama cromática que permite personalizar cada espazo dunha maneira única.


Recomendable ata un espesor de 3 mm

Morteiro base + fibra

Morteiro base

Morteiro acabado