Despois de 10 anos no mundo da enxeñería e a construción civil, no ano 1992 arrancamos co grupo GSM, e decidimos aportar o noso pequeno grao de area que vese tamén enriquecido con máis graos pero desta vez de barro e algunhas palliñas e eleximos ofrecer un valor engadido a construción con un plus de saúde e de sostenibilidade, tamén crease o departamento de permacultura.
Construimos dunha maneira saudable e sostible, onde o respeto polo medio ambiente e a saúde das persoas está por enriba de calquer outro motivo.
Somos unha empresa de recoñecido prestixio no noso sector.
Ofrecémosche unha ampla gama de produtos e servizos a uns prezos moi competitivos e da máxima calidade avalados por un equipo que se caracteriza polo seu trato cordial e espírito de servizo.
Encantaranos mostrarche todas as posibilidades e opcións á túa disposición, estamos convencidos de que encontrarás o que estás a buscar.
A meta principal da nosa empresa é, sen dúbida, poder satisfacer todas as necesidades dos nosos clientes.