A cortiza aglomerada é un produto natural, que se produce a partir da expansión dos gránulos de cortiza, con vapor de auga, e en cuxa produción non hai axentes sintéticos implicados.
Durante o seu período de utilización, este produto non sofre ningún cambio nas súas propiedades, xa sexa mecánico ou físico, e é estable dimensionalmente.
A produción a partir de materia prima renovable, sen uso de axentes sintéticos, así como a capacidade para ser reciclado para outros fins, fan que este sexa un produto respectuoso co medio ambiente e ecolóxico.
O resultado final é un material natural ideal para o illamento térmico e acústico.
APLICACIÓNS
Debido ás súas notables propiedades, este produto preséntase como un excelente illante térmico, acústico, e vibracional, e é ideal para as seguintes aplicacións:
Illamento acústico.
Paredes illantes térmicas e acústicas.
Illamento térmico e acústico de fachadas.
Illamento térmico e acústico de teitos (plano ou inclinado).
Illamento térmico de cámaras frigoríficas.
Illamento vibracional.
CARACTERÍSTICAS:
Densidade: dende 105 ata 130 Kgs/m3
Resistencia a tracción: 0,094 N/mm2
Resistencia a compresión: 0,200 N/mm2
Coeficiente de condutividade térmica: 0,036 a 0,039 W/mk
Absorción acústica: (por 500Hz): 0,33
Permeabilidade o vapor: 0,017 a 0,003 g/mh/mm
Tensión de ruptura: de 1,4 a 2,0 Kgs/m2
Difusión térmica: 1,4 x 10-7 / 1,9 x 10-7 m2/s
Temperaturas de uso: de -180ºC a 140ºC
Clase de resistencia ao lume: E
Clasificación o lume (Sistema SITE): B-s1, d0
Dimensións: 1000×500 mm
Espesor: de 10 a 300 mm
Elevada elasticidade
Dimensionalmente estable
Longa duración
DATOS ILLAMENTO TÉRMICO
Espesor R (m2K/W) U (W/m2K)
10 mm 0,25 4,000
20 mm 0,50 2,000
30 mm 0,75 1,333
40 mm 1,00 1,000
50 mm 1,25 0,800
60 mm 1,50 0,667
70 mm 1,75 0,571
80 mm 2,00 0,500
90 mm 2,25 0,444
100 mm 2,50 0,400
BENEFICIOS AMBIENTAIS
A utilización de sistemas de illamento natural como a cortiza ou aglomerado negro son ideais para un illamento térmico permitindo un aforro enerxético destacable beneficiando o medioambiente, ademais dun illamento acústico.