Betanzos

España

15300

Traballos en barro

Hotel 5* Masía Torre del Marqués (Monroyo - Teruel)

O noso equipo realizou a aplicación de morteiro de barro con palla cun espesor de 15 mm, sobre os paramentos con diferentes soportes.
Unha vez pasado o período de curado do mesmo aplicouse unha man de regularización de morteiro de barro de 3 mm cun arido máis fino e exento de fibras vexetais.
A continuación proceduese a execución cun morteiro de barro fino do acabado cun espesor de 2 mm, para con posterioridade aplicar dúas mans de consolidante base silicato.

Adega de viño (Mayorga - Valladolid)

Aplicación sobre paramentos de formigón de 20 mm de morteiro de barro con palla, posterior aplicación de 3 mm de morteiro de base de regularización e 2 mm de morteiro de barro de acabado con dúas mans de consolidante ao silicato.
Con anterioridade trataronse os muros cunha ponte de unión de orixen orgánico e embebeuse na primeria capa de morteiro de barro con palla unha malla de yute aprestada con almidón.

Vivenda na Coruña

Reforma integral

Dunha vivenda nun edificio do centro da cidade da Coruña, onde se procedeu a demolición de tódolos paramentos e envolvente interior da mesma.
Comezouse polo illamento interior da envolvente con placa de cortiza aglomerada de 50 mm de espesor, seguido de outra capa de 50 mm de illamento de fibra de madeira coa posterior colocación de placas de barro de 20 mm de espesor, unidas a estrutura de madeira tratada con aceites naturais e posterior colocación de malla de yute aprestada con almidón nas xuntas e aplicación de morteiro de regularización de 3 mm con acabado en pintura de barro ao silicato.

En baños, sobre as placas de barro aplicouse morteiro de barro de regularización ata un espesor de 10 mm, dando un espesor total en barro de 30 mm (aumentando a regulación higroscópica do ambiente) e posterior pintado con pintura de barro ao silicato.

Sustituironse as ventás de PVC por ventás de madeira.

Un fogar saudable e sostible e cun importante aforro enerxético.

Vivenda cidade vella da Coruña

A persoa residente na vivenda tiña problemas de alerxias e optouse pola aplicación de 20 mm de morteiro de barro con palla, coa idea de aplicar o sistema compreto, pero a mesma despois de comprobar, que tanto a húmidade relativa do ambiente baixou dunha maneira importante e a ganancia de temperatura subeu máis de 3 grados, así como que a súa saúde mellorou, decideu deixar como acabado o morteiro de barro con palla, protexido co consolidante ao silicato.

Vivenda unifamiliar en Cabana de Bergantiños

Nesta vivenda empregouse o barro procedente do lugar, dada a cercanía de Buño.

Unha vez analizada a súa composición en arxilas e limos, misturouse con arido procedente da zona da granulometría solicitada pola clienta e segundo a dosificación necesaria e todo o conxunto misturouse con palla de colleita da propiedade picada convintemente.

Aplicouse sobre diferentes soportes, e onde foi necesario aportouse unha ponte de unión orgánica, para rematar o conxunto con pintura de barro ao silicato.
Chegouse a espesores de ata 45 mm e mantivose a rusticidade que a clienta solicitou.