Betanzos

España

15300

PROPIEDADES DO BARRO


REGULADOR NATURAL DA HUMIDADE

Estabiliza a humidade entre o 40 % e o 65 %.

Absorbe o vapor de auga excesivo, liberandoo cando o aire vólvese seco.

AFORRO ENERXÉTICO

Grazas á estabilización da humidade, o control e absorción desta, así como á distribución da calor, podese chegar ata un 35 % de aforro.

TERMO REGULADOR

Dada a súa inercia térmica* mantén estable a temperatura do ambiente, permitindonos un aforro enerxético importante tanto en refrixeración como en calefacción.

* Inercia térmica.- Cantidade de calor que pode conservar un corpo e a velocidade con que o cede ou absorbe.

ABSORCIÓN DE MICRO PARTÍCULAS

Posee unha gran capacidade para absorber po (evitando o mesmo), gases e cheiros do aire (mantendo limpo o ambiente).

FONOABSORBENTE

Pola súa estrutura molecular o barro é un dos mellores materiais para o illamento acústico, reducindo a reverberación (indicado para restaurantes e auditorios).

Os morteiros de barro absorben as baixas frecuencias, que provocan irritación, interrupción do soño, diminución da productividade, ... (indicado para oficinas, hospitais, centros de saúde, museos, colexios, garderías, ...)

O emprego de adobes (ladrillos de barro cru), reduce o ruído ao impacto.

PROTECCIÓN CONTRA A RADIACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

Existen estudos que determinan que un paramento recuberto con 2,5 cm de morteiro de barro elimina ata un 75 % de radiacións dunha torre de alta tensión e chega ata o 98 % si se empregan adobes na construción dos muros.

VÉRSATIL

Polas súas innumerables cualidades técnicas e decorativas pode ser empregado para lograr efectos illantes ou conseguir unha infinidade de posibilidades decorativas e solucións construtivas que se distinguen pola súa orixinalidade, tanto en reformas como en obra nova.

Esta versatilidade permitenos múltiples aplicacións, e estar presentes en diferentes ambientes como unha casa de campo ou aldea, un piso na cidade, nun palacete, nun loft, nunha casa de pacas de palla ou en calquer edificio público.

ACV BAIXO (Análise do Ciclo de Vida)

Os produtos de barro teñen un baixo ACV, dado que o barro cru soamente se mestura con áridos naturais, non tendo procesos de cocción ou de adición de aditivos sintéticos, polo que pode reciclarse como árido de novo.

CERTIFICACIÓN VERDE

Os produtos obtidos a base de barro pola súa natureza fan que sexan os ideais para obter calquer certificación verde.

" O progreso, está no regreso."

Gustavo Sánchez