Betanzos

España

15300

Unha solución 100% natural na construción en seco de tabiques, trasdosados (placa de 20 mm de espesor) e falsos teitos (placa de 13 mm de espesor con cortiza misturada) en interiores.


Son placas compostas por barro, area, palla e malla de yute por ambalas caras de 20 mm de espesor, con capacidade de incrementar o aforro enerxético, regular a humidade, absorber os cheiros e ser un efectivo illante e absorbente acústico.

Reúne todas as vantaxes do barro natural sen aditivos.

A súa presentación en forma de taboleiro converte as placas de barro nun material de construción completamente moderno e idóneo para a construción natural, bioconstrucción, a arquitectura ecolóxica e para o seu uso en vivendas convencionais que necesitan aumentar o confort e reducir o custo enerxético.

As placas de barro son unha alternativa práctica aos paneis de cartón-yeso que se poden fixar mecanicamente sobre estruturas preexistentes (madeira, aceiro, aluminio,...) ou sobre montantes verticais mediante parafusos anticorrosión

Os taboleiros pódense cortar con facilidade para adaptarse ás medidas requiridas en obra e favorecer a súa colocación.

Para o acabado, recoméndase o uso dos morteiros de barro, ou ben utilizar as pinturas de barro.

As placas de barro, son de fabricación nacional "feito en España", están recomendadas para o seu uso tanto en vivendas de nova construción como en rehabilitacións ou restauración de edificios históricos grazas ás súas excepcionais propiedades naturais.


Placa cunha absorción acústica  (alfa=0,54) e unha conductividade térmica  (lambda=0,24)


Porque só o barro proporciona un confort que non se ve pero sente.