Betanzos

España

15300

construción saudable e sostible

.

SOSTENIBILIDADE

A sostenibilidade é o desenrolo que satisface as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións, garantindo o equilibrio entre o crecemento económico, o coidado do medio ambiente e o benestar social.

Barro

Propiedades, compoñentes, vantaxes de construción.

Madeira

Características das nosas construcións, traballos en madeira, ...

Permacultura

Definición e principios.

O noso compromiso co entorno de todos

Aportamos o noso pequeno graiño de esperanza,  vontade e traballo, para poder conquerir no ano 2013, que o espazo onde nos atopamos poidese conquerir o recoñecemento por parte da UNESCO, de Reserva da Biosfera.

Dende os nosos comezos xa fai máis de 30 anos, en tódolos nosos traballos respetamos o medio, a fauna e o entorno natural onde temos a sorte de ter as nosas instalacións, co emprego de materiais naturais nas nosas construcións.

No corazón das mesmas empregamos a madeira, co emprego de illantes que van dende a fibra de madeira, ata as fibras de algodón reciclado, así como fibras de cánabo ou a cortiza.
Na cara empregamos pedra, morteiros de barro e ou de cal, aceites naturais, pinturas de barro ao silicato, pinturas a cal ou pinturas ao silicato.

Todo sempre para manter a nosa premisa de sostenibilidade e respeto para co noso entorno, así como a saúde para o mesmo e os nosos clientes.

non constrímos vivendas,
construímos fogares



a túa saúde é a nosa razón





entendemos a construción
como un acto de creación,
que impulsa a vida



En GSM construción,
dimos un paso máis, comprometéndonos para facer do mundo un lugar mellor.

As nosas construcións procuran a loita contra a pobreza enerxética, cun gasto case nulo.


Coa reducción en gasto enerxético, colaboramos ao incremento do presuposto destinado a encher a cesta da compra con produtos básicos para a alimentación diaria.

Construímos con materiais naturais que coidan da túa saúde e proporcionan un benestar para tí, os teus e o planeta de todas e todos.


Transmitimos entre a comunidade escolar os beneficios da sostenibilidade, o aforro enerxético, o emprego racional da auga así como o emprego de materiais e costumes de proximidade ou km 0.


Igualdade de oportunidades para todas e todos.


Nas nosas construcións a auga, ben esencial para a vida, aplicamos o principio básico do ciclo da auga como é o seu aproveitamento, reutilización e uso racional, coa reciclaxe das augas grises e augas da choiva, e un verquido ao medio coas mellores condicións con saneamentos biolóxicos.


A enerxía máis limpa é a que nos se consume.


Preocupámonos por crear un traballo máis xusto, onde poidamos reducir as desigualdades.


Unha parte de GSM construción é I+D+I.


Traballamos sobre un igual, non temos en conta nin o sexo, nin a raza, nin a relixión, nin a idade, nin a etnia, nin a discapacidade.


Vivendas con mellores niveles de illamento e materiais naturais, conforman espazos máis sostibles e respetuosas co medio e as persoas.


Construímos con materiais naturais, de proximidade e con pouca pegada de carbono.
Non xeramos refugallos e dandolle unha nova vida a os poucos que poidan xerarse, procurando a economía circular.

A nosa forma de construír combate o troco climático e os seus efectos.


As nosas construcións preservan os verquidos a ríos, mares e océanos, con tratamentos naturais e biolóxicos das augas residuais, reducindo e minimizando a contamiñación mariña.


Construímos con materiais naturais, certificados. Non producimos refugallos e os poucos que poidan xerarse reutilizanse contribuindo o coidado da vida do noso entorno.


Realizamos alianzas a nivel rexional, nacional e local sobre os principios e valores que se centran nas persoas e no planeta. Entre outras como membros da Alianza Galega polo Clima.


Grazas por visitar a nosa nova páxina web.

Aquí poderás encontrar:

As características principais das nosas construcións e toda a información que necesites sobre a nosa empresa e sobre os servizos que ofrecemos.

Ademais, o noso equipo humano está á túa disposición para asesorarte en todo momento sobre calquera aspecto relativo ao noso negocio.

Somos a primeira e única empresa galega de construción adherida ao plan de trazabilidade da madeira, da Xunta de Galicia (FORTRA).

Asi mesmo somos a primeira empresa de construción adherida a Alianza Galega polo Clima da Xunta de Galicia.

Ponte en contacto connosco, será un pracer axudarte.