Aerotermia e bomba de calor: Vantaxes e desvantaxes
A bomba de calor de aerotermia está a converterse nunha das opcións máis solicitadas á hora de resolver a instalación de calefacción e climatización de calquera espazo ou vivenda.
Un alto nivel de eficiencia e a comodidade de só depender da subministración eléctrica, evitando outras subministracións continuas ou descontinuas como o gas ou a biomasa, decantan a balanza cara a este sistema de forma destacable.
Pero en que consisten as bombas de calor aerotérmicas?
Para o que non as coñece a explicación sinxela sería que se trata dunha bomba de calor convencional (os aires acondicionados inverter de toda a vida), pero cunha eficiencia tan alta que se chega a considerar unha enerxía renovable.
Ademais, a aerotermia adoita destinarse a quentar auga tanto para consumo (ACS) como para instalacións de calefacción de baixa temperatura, algo que cunha bomba de calor convencional non é recomendable pola súa baixa eficiencia.
Pero
vexamos de forma resumida as vantaxes e desvantaxes deste sistema
tan eficiente e demandado.
As vantaxes da bomba de calor aerotérmica
1. Eficiencia. Trátase dun sistema de alta eficiencia co que o consumo é moi reducido, e o aforro a longo prazo considerable. O consumo é moi baixo, e aínda que o prezo do Kw/h eléctrico é alto, a factura mensual para calefacción ou climatización redúcese considerablemente respecto ao gas.
2.
Comodidade. A bomba de calor baséase na subministración
eléctrica polo que para gozar da aerotermia (a nivel doméstico) non
é necesario contratar subministración de gas, nin estar pendente
doutras subministracións como os pellets, no caso de caldeiras de
biomasa. Esta
razón é unha das máis fortes dentro da toma de decisións
habitual.
3.
Limpeza. Aínda que é evidente que require mantemento,
trátase dun sistema que non xera fume, gases ou cinzas no edificio,
polo que evita problemas de evacuación dos gases de combustión
propios doutras opcións.
E as desvantaxes da aerotermia?
1.
Necesita unha unidade exterior. Do mesmo xeito que as
bombas de calor convencionais, as aerotérmicas necesitan unha
unidade exterior e unha interior, cos problemas de espazo e de
estética que iso supón, xa que hai moitos casos onde a localización
da unidade exterior é complexa se queremos ocultala.
2. Só é óptima se se utiliza para radiación de baixa temperatura ou calefacción por aire. A súa eficiencia é óptima se se utiliza maioritariamente para calefacción a baixa temperatura, xa que a xeración de auga quente a temperaturas convencionais dun sistema de radiadores tradicional, reduce a súa capacidade de aforro.
Por tanto, a mellor opción é utilizala con chan radiante ou con radiadores de baixa temperatura.
3. Consome electricidade. Algo que, en realidade, pode ser unha vantaxe ou unha desvantaxe. Por que? Porque se a orixe desa electricidade é renovable é unha gran opción, pero se a súa orixe non o é, as emisións de CO2 derivadas do seu uso son menores que noutros sistemas pero aínda considerables.
4. En lugares moi fríos require medidas auxiliares. A eficiencia da bomba de calor de aerotermia en lugares moi fríos é menor. Por iso, naqueles lugares onde é habitual que a temperatura descenda por baixo de 0ºC, o sistema debe incorporar medidas para pretratar o aire co que traballa a unidade exterior (que non sempre o é do todo), como pozos canadenses ou pequenas resistencias, para evitar problemas de escarche e manter o sistema en condicións.
5.
O investimento inicial é alto en comparación con outras
opcións do meracado.
6.
A potencia eléctrica a contratar, e por tanto a parte
fixa do recibo de electricidade, adoita aumentar respecto dun
edificio sen aerotermia.
Despois de coñecer os problemas e as vantaxes. Decidiríaste por unha bomba de calor aerotérmica?
Trátase dunha gran solución, aínda que sempre recomendamos un estudo detallado para que a decisión sexa realmente a máis adecuada ... e non a máis previsible.