Comarca de Betanzos

España

981 796 185 - 646 611 699

Xanelas de madeira

As “novas” xanelas de madeira

 As xanelas de madeira xa non son o que eran, evolucionaron ... e moito.

 Todos temos en mente a imaxe dunha xanela de madeira que acaba descuadrándose co tempo e que require un mantemento anual para que ofreza a imaxe do primeiro día.

 Pero grazas á crecente motivación do mercado polos produtos naturais e de calidade, as “novas” xanelas de madeira son hoxe unha opción real para as nosas vivendas.

xanelassalnjpg


 Hoxe queremos ensinarvos como son estas novas xanelas de madeira, que aínda que non están formadas ao 100% de madeira, merece a pena ter en conta polas múltiples vantaxes que nos ofrecen.

 Con elas podemos gozar das vantaxes da madeira:

 Naturalidade, calidez, estética e illamento térmico sen ter que sufrir os inconvenientes ... fundamentalmente o mantemento. Van dende aquelas que só ofrecen como vantaxe a estética da madeira, ata as que aproveitan ao máximo o illamento térmico e achéganse moito máis ao concepto de sustentabilidade real que nos ofrece a madeira.


 As opcións son variadas e con grandes prestacións técnicas.

   Imos ver as 4 máis interesantes

  1. Xanelas de pvc e madeira

 Non son xanelas de madeira en si. Este sistema combina dous materiais na formación da xanela unindo así as mellores propiedades de ambos. Madeira no lado interior da xanela, para conseguir un acabado natural e cálido no interior da vivenda e perfís de PVC no exterior exposto á intemperie que requiren pouco mantemento e actualmente ofrecen a máxima capacidade de illamento.

 Por suposto, estamos a usar PVC e temos todas as súas vantaxes ... pero trátase dunha opción pouco sustentable.

 Un exemplo, deste tipo de xanela podemos conseguir valores de illamento térmico de xanela de U 0,84 W/m2K.

  2. Xanelas de madeira, pvc e aluminio

 Neste tipo de xanelas de madeira, que en realidade son unha variante das anteriores, combínanse tres materiais diferentes:

 Madeira no interior, perfís de PVC para conseguir un bo illamento térmico e un acabado exterior tanto do marco como da folla de aluminio.

 Engadindo o aluminio polo exterior, non só conseguimos mellorar a durabilidad da xanela, xa que se trata dun material de fácil limpeza e mantemento senón que ademais aumentamos as posibilidades estéticas da fachada.

 Os valores de illamento térmico que podemos alcanzar tamén son similares aos anteriores, pero afastámonos aínda máis da sustentabilidade xa que usamos 3 materiais diferentes, e un dos principios da sustentabilidade e a reciclaxe é reducir ao máximo a cantidade de materiais que se usan nun mesmo elemento.

  3. Xanelas de madeira e aluminio

 Dando un paso máis a nivel de sustentabilidade, é dicir eliminando o PVC da ecuación, atopámonos coas xanelas de madeira e aluminio.

 Este tipo de xanelas están formadas por perfís 100% de madeira laminada de piñeiro ou carballo aos que se lles incorpora polo exterior un acabado en aluminio, evitando así calquera tipo de mantemento e favorecendo a estanqueidade á auga e ao aire.

 O núcleo de madeira consegue ademais un excelente illamento térmico e acústico ( ata 42 dbA) ao reducir a propagación de ruído, o que aumenta o aforro enerxético e mellora o confort da vivenda.

 Existen algúns exemplos desta combinación como o Sistema Unitherm de Uniform, un sistema de xanelas capaz de alcanzar o estándar Passive House con valores de illamento térmico de xanela de U 0,80 W/m2K e que ademais utiliza madeiras 100% FSC.

 Trátase da opción sen mantemento máis sustentable de todas.

  4. Xanelas de madeira 100%

xanelamadeira100jpg

 Hoxe é posible atopar no mercado xanelas exclusivamente de madeira de alta calidade, alta estabilidade e alta eficiencia, fabricadas con madeiras certificadas PEFC e FSC e capaces, nalgúns, modelos de alcanzar o estándar Passive House (Eurotor 92 Passivehaus).

 Iso si, necesitan a realización dun correcto mantemento que será maior ou menor en función da orientación e a localización da xanela.


 En resumo, por sustentabilidade e confort as xanelas de madeira son, sen dúbida, a mellor opción do mercado.

 Pero, para decantarse por un sistema ou outro, achegarnos máis á sostenibiliad ... e acertar, hai que ter en conta a súa localización, a súa orientación, a dispoñibilidade económica e o grao de implicación do usuario.