Comarca de Betanzos

España

981 796 185 - 646 611 699

Vivenda Pasiva

PRINCIPIOS BÁSICOS DA VIVENDA PASIVA


ILLAMENTO TÉRMICO

Un moi bo illamento térmico para paredes exteriores e cubertas é beneficioso tanto no inverno como no verán.

Cunha baixa transmitancia térmica dos cerramentos exteriores baixa tamén a demanda de enerxía do edificio.

En función do clima, pódese optimizar o espesor do illamento térmico ata atopar o punto de inflexión, a partir do cal o aumento de grosor é moi pouco relevante para a mellora da eficiencia enerxética tendo en conta o incremento do custo.

AUSENCIA DE PONTES TÉRMICAS

A transmisión de enerxía (frío e calor) non só se dá nos elementos xerais como paredes ou teitos, senón tamén nas esquinas, eixos, xuntas, etc.

As pontes térmicas son lugares de xeometría lineal ou puntual do cerramento exterior onde o fluxo de enerxía é máis grande respecto da superficie “normal” do cerramento.

Estas pontes térmicas prexudican a eficiencia enerxética do elemento construtivo.

Seguindo unhas poucas regras simples é posible eliminar os efectos das pontes térmicas:

  • Non interromper a capa de illamento.
  • Nas xuntas dos elementos construtivos do edificio, a capa de illamento debe unilas e enchelas.
  • Se interromper a capa de illamento térmico é inevitable, usar un material coa resistencia térmica máis alta posible.
  • As pontes térmicas reducen as temperaturas superficiais da cara interior da parede no inverno, isto incrementa o risco de formación de mofo.

Eliminar as pontes térmicas é en xeral unha cuestión de custo-eficiencia, que se reduce ao diminuír as perdas por transmisión ou a transmisión de cargas de calor.

Mediante a aplicación adecuada de illamento na “vivenda pasiva”, a transmitancia térmica lineal é reducida a valores por baixo de 0.01 W/m.

ESTANQUEIDADE

Os orificios na envolvente do edificio causan un gran número de problemas, particularmente durante os períodos máis fríos do ano. Fluxos de aire do interior ao exterior a través de gretas e ocos teñen un alto risco de provocar condensacións na construción. As infiltracións de aire frío producen tamén aos usuarios sensación de baixa confortabilidade.

Debido a que na maioría de climas un edifico pasivo require un soporte mecánico para a subministración continua de aire provinte do exterior, requírese unha excelente estanqueidade da envolvente do edificio. Se esta non é suficientemente impermeable, o fluxo de aire non seguirá os percorridos expostos e a recuperación do calor non traballará correctamente, resultando un consumo enerxético maior: é importante que unha soa capa hermética ao aire cubra todo o edificio.

A estanqueidad pode comprobarse facendo a proba de presurización (Blower-door-Test). Consiste nun ventilador colocado nunha porta ou xanela exterior creando unha diferenza de presión de 50 Pa.

A envolvente exterior do edificio debe ter un resultado da proba segundo EN 13829 inferior a 0.6 renovacións de aire por hora (valor de estanqueidad 50 Pa).

VENTILACIÓN MECÁNICA CON RECUPERACIÓN DE CALOR

Consiste en recuperar gran parte da enerxía que sae cara a fóra, cando renovamos o aire utilizado (malas características hixiénicas) para pre- acondicionar o aire fresco (boas características hixiénicas).

Para minimizar a demanda enerxética do edificio, establécese, cada hora, unha renovación de aire de aproximadamente 1/3 do volume dos espazos (de acordo coa EN 15251).

Con este caudal de aire fresco, podemos achegar uns 10 W/m2 de calor, e 7 W/m2 de frío no edificio.

Esta cantidade de enerxía necesaria para acondicionar os espazos non é moi grande e é suficiente para poder prescindir dun sistema convencional de radiadores ou dun chan radiante, co correspondente aforro económico que iso supón.

Para edificios de tipoloxía pasiva fíxase un límite na demanda de calefacción e refrixeración de aproximadamente 15 kWh/m2a

XANELAS E PORTAS DE ALTAS PRESTACIÓNS

Sendo estes elementos os máis “febles” da envolvente, hase de poñer moita atención na súa correcta localización e execución.

Utilízanse xanelas con dobre ou triplo vidro (recheas de argón ou criptón), dependendo do clima e as carpinterías deben estar illadas.

O vidro utilizado é un baixo emisivo, para reflectir a calor ao interior da vivenda no inverno, e mantelo no exterior no verán.


En gsmservizos, asesoramoste, instalamos e comercializamos.