Betanzos

España

15300

 Regras básicas da construción natural

Estas regras son unha listaxe proposta e recollidas da man de Andrés Martinez.


En relación cos materiais de construción:

  • Materiais naturais e non adulterados.
  • Materiais inodoros ou de cheiro agradable que non emitan sustancias tóxicas.
  • Materiais de baixa radioactividade.
  • Protección acústica e antivibratoria orientada ás persoas.

En relación co ambiente interior:

  • Regulación natural da humidade atmosférica interior mediante o uso de materiais higroscópicos.
  • Minimización e disipación rápida da humidade da obra nova.
  • Proporción equilibrada de illamento térmico e acumulación de calor.
  • Temperaturas óptimas das superficies e do aire ambiente.
  • Boa calidade do aire ambiente grazas a unha renovación natural.
  • Calor radiante para a calefacción.
  • Alteración mínima da contorna da radiación natural.
  • Ausencia de campos electromagnéticos e ondas de radio en expansión.
  • Redución da presenza de fungos, bacterias, po e alérxenos.

En relación co medio ambiente, enerxía e auga:

  • Minimización do consumo de enerxía aproveitando ao máximo fontes de enerxía renovables.
  • Materiais de construción procedentes, preferiblemente, da rexión e que non favorezan a explotación abusiva de materias primas escasas ou perigosas.
  • Prevención de problemas para o medio ambiente.
  • Calidade óptima posible da auga potable.

En relación co terreo:

  • Ausencia de pertubacións naturais e artificiais no terreo.
  • Vivendas afastadas de fontes de emisións contaminantes e ruídos.
  • Método de construción descentralizado e flexible en espazos axardinados.
  • Vivenda e contorna residencial, moi relacionados coa natureza, dignos e compatibles coa vida familiar.
  • Ausencia de secuelas sociais negativas.


A aposta da construción natural por construír coa vida é firme e responde o impulso que, unha vez sentido, xa non é posible reprimir.


Chegou a hora de  CONSTRUÍR FOGARES CHEOS DE SAÚDE.